Contaminación
Across
- 2. Contaminación, tamén chamada aérea, que consiste na presenza no aire de fume, gases tóxicos e partículas en suspensión procedentes principalmente da queima de combustibles fósiles nas industrias, calefaccións e vehículos a motor.
- 3. Contaminación por presenza de elementos que deterioran a paisaxe (feísmo, cableado, paneis publicitarios masivos, vertedoiros incontrolados).
- 5. Contaminación que ocorre pola alteración da temperatura da auga, por exemplo, ao usala para arrefriar industrias e devolvela aínda quente ao río, prexudicando gravemente os ecosistemas acuáticos.
- 6. Contaminación por exceso de ruído (obras, lecer nocturno, tráfico terrestre e aéreo) que produce estrés e problemas de saúde á poboación.
- 7. Contaminación causada por fugas ou residuos de centrais nucleares e ensaios atómicos. É extremadamente perigosa e duradeira.
Down
- 1. Contaminación que pode ser fluvial ou mariña, afectando a ríos, lagos, mares e océanos pola vertedura de augas residuais sen tratar, mareas negras de petróleo, plásticos, microplásticos e diversos produtos químicos industriais.
- 4. Contaminación por exceso de luz artificial nas áreas urbanizadas, que dificulta a observación do ceo nocturno e altera os ritmos biolóxicos.
- 5. Contaminación que afecta ao solo e ao subsolo e prodúcese por acumulación de lixo e de residuos non biodegradables, o uso excesivo de pesticidas e fertilizantes químicos na agricultura, e verteduras industriais que se filtran cara ás augas subterráneas.