Natucigrama
Across
- 3. Proceso das plantas mediante o cal fabrican o seu alimento
- 8. Nome das extremidades dos peixes e dalgúns mamíferos mariños
- 9. Parte do corpo que une o pé e a perna
- 10. Sistema do corpo humano que recolle e procesa a información que captan os sentidos
- 11. Proceso de reprodución das plantas
- 12. Animais que non posúen ósos nin columna vertebral
- 14. Órgano importante do aparato circulatorio
Down
- 1. Mamífero con ás
- 2. Nome do proceso de cambio que sofren os anfibios
- 4. Animais que nacen de ovos
- 5. Función vital que serve para que os seres vivos obteñan nutrientes
- 6. Aparato do corpo humano formado polo esqueleto e a musculatura
- 7. Nutrientes que proporcionan enerxía ao organismo
- 13. Parte da planta que serve para suxeitala e para absorber auga e outras substancias
- 14. Conxunto dos sépalos dunha flor