Resolve o encrucillado con palabras relacionadas co Samaín
Across
- 4. Esqueleto da cabeza.
- 5. Home que segundo as crenzas populares se converte en lobo.
- 8. Persoa, ou animal fantástico, con características anormais que, ás veces, resultan de combinar partes de distintos animais.
- 9. Persoa morta que, segundo a crenza popular dalgúns lugares, sae da tumba polas noites para chucharlles o sangue aos vivos.
- 10. Variedade de cabaceira que dá froito grande, arredondado e con moitas sementes, que se usa sobre todo na alimentación de animais.
- 11. Conxunto de ósos que sosteñen o corpo dos vertebrados.
Down
- 1. Lugar onde se enterran os mortos.
- 2. Lousa plana de pedra con que se cobre unha sepultura.
- 3. Visión ou imaxe fantástica, produto dos soños ou da imaxinación exaltada.
- 6. Sentimento de inquietude que se experimenta ante a presenza, real ou imaxinaria, dun perigo.
- 7. Muller á que se lle atribuían un pacto co demo, do que recibía poderes para realizar meigallos, adiviñar o futuro, etc.
- 8. Mamífero voador con ás formadas por unha membrana entre as extremidades superiores, as inferiores e a cola.