Vocabulario Tema 6 Ciencias Naturais
Across
- 3. Talo subterráneo envolto por follas carnosas.
- 5. Pulverizar insecticidas ou herbicidas.
- 9. As plantas sen flores máis pequenas e simples.
- 10. Animal que no posúe esqueleto interno.
- 12. Talo subterráneo do que se orixinan novas plantas.
- 14. Grans formados nos estames que deben viaxar ata o pistilo.
- 15. Animal que posúe un esqueleto interno formado por ósos ou castilaxes e que ten columna vertebral.
- 16. Vertebrados acuáticos que respiran por branquias, están cubertos de escamas e teñen aletas.
- 18. Animais ovíparos que respiran por pulmóns. Están cubertos de escamas.
Down
- 1. Talo subterráneo que ten reservas alimenticias e xemas das que poden desenvolverse novas plantas.
- 2. Plantas con flores simples e sementes en piñas.
- 4. Plantas que teñen flores e seentes dentro de froitos.
- 5. Proceso mediante o que as plantas fabrican o seu alimento.
- 6. Animais ovíparos vertebrados que teñen a pel espida.Cando nacen respiran na auga, os adultos repiran pola pel o por pulmóns.
- 7. Engadirlle á terra produtos que conteñen sales minerais para favorecer o crecemento das plantas.
- 8. Animais ovíparos cubertos de plumas que respiran por pulmóns.
- 9. Animais vivíparos que se alimentan de leite materno ao nacer, respiran por pulmóns e teñen pelo.
- 11. Facer regos no terreo para remover e airear a terra.
- 13. Plantas sen flores cun talo subterráneo do que saen as raíces e as follas, que adoitan ser bastante grandes.
- 17. Talo que medra horizontamente sobre o chan e pode orixinar novas plantas.
- 19. Cortar algunhas ramas para favorecer o crecemento das que quedan.