Across
- 6. Bolboreta nocturna da suborde dos heteróceros, de corpo arredondado e piloso, ás longas e estreitas, voo rápido e da que existen diversas especies.
- 7. Touro castrado, que se emprega como animal de tiro.
- 8. Pequeno mamífero da familia dos erinaceidos, co lombo e os lados cubertos de espiñas, lento no andar, e que se alimenta de insectos.
- 9. Mamífero da familia dos lepóridos coas orellas tan longas como a cabeza e as patas traseiras máis longas ca as de diante que vive en estado salvaxe e tamén se cría como animal doméstico para aproveitar tanto a súa carne como a súa pel e do que existen varias especies.
Down
- 1. Mamífero carniceiro da familia dos mustélidos de pelo longo e espeso, agrisado no lombo, negro nas patas e no ventre, e abrancazado con dúas listas negras que van desde o fociño ata detrás das orellas, que vive en tobos profundos e ten costumes nocturnos.
- 2. Insecto da familia dos coccinélidos, do que a especie máis común é a Coccinella septempunctata, que se caracteriza pola súa forma arredondada, con élitros de cores vivas, xeralmente vermellos e con sete puntos negros.
- 3. Mamífero salvaxe da familia dos súidos moi semellante ao porco doméstico, de pelame mesto e forte, cor escura, gris ou negra, e os canteiros superiores moi desenvolvidos e aguzados nos machos.
- 4. Pequeno roedor da familia dos múridos, de cor gris ou parda e rabo delgado e longo, do que existen diversas especies, algunhas delas propias das casas e outras do campo.
- 5. Mamífero carnívoro salvaxe da familia dos cánidos, que se caracteriza por ter o fociño e as orellas afiadas e o rabo longo e peludo.
