Across
- 4. Reunión curta onde se revisan as tarefas máis importantes ou críticas para o día.
- 8. Punto onde se inicia un incendio ou onde se concentra a actividade dun lume.
- 10. Base permanente ou semipermanente para operacións con helicópteros.
- 12. Unidade Militar de Emerxencias, corpo especializado en intervencións en catástrofes e incendios.
- 14. Pode ser de extinción (ignífugo) ou de prevención. Non é recomendable usar o equipo de protección individual de extinción para prevención.
- 15. Conxunto de especies vexetais dun lugar.
- 16. Conxunto de animais que habitan nun territorio.
- 17. Conxunto de elementos naturais e humanos que forman a apariencia visible dun territorio.
- 20. Situación de perigo que require unha resposta inmediata.
- 21. Capa superior do solo formada pola descomposición de materia orgánica.
- 22. Tubo flexible polo que circula auga ou outro líquido para apagar lumes ou regar.
Down
- 1. Plan de defensa contra incendios forestais de Galicia.
- 2. Persoa que sente impulsos patolóxicos de provocar incendios.
- 3. Proceso de recuperar un espazo ou ecosistema danado para devolvelo ao seu estado anterior.
- 5. Terreno cuberto de vexetación natural, normalmente forestal, que non está dedicado ao cultivo agrícola.
- 6. Extensión de terreo con abundancia de árbores e vexetación asociada.
- 7. Profesionais encargados de extinguir incendios e actuar en situacións de rescate e emerxencia.
- 9. Expansión dun lume ou doutro fenómeno desde un punto inicial cara a outras zonas.
- 10. Lugar natural no que vive unha especie e onde atopa as condicións necesarias para sobrevivir.
- 11. Combustión que produce calor, luz e chamas.
- 13. Conxunto de plantas que medran nun lugar.
- 18. Bolsa para o transporte de auga cun helicóptero (capacidade variable entre 900 e 4.000 litros, sendo o máis normal entre 900 e 1.200 litros).
- 19. Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, encargado de vixiar e protexer o medio ambiente.
