Across
- 1. Imaxe A
- 3. Sepulcro decorado con relevos e inscricións para protexer ao defunto na vida despois da morte, a miúdo coa figura xacente do defunto sobre a tapa.
- 6. Monumento monolítico de carácter conmemorativo, alto e estreito, con catro caras que se estreitan cara a un remate piramidal chamado piramidión.
- 7. Tipo de templo mesopotámico que constituía unha monumental estrutura en forma de pirámide escalonada e conectaba simbolicamente o ceo e a terra.
- 8. Monarca mesopotámico con funcións políticas e militares superiores ás do ensi, que se encargaba de promulgar as leis, impartir xustiza e supervisar a recadación de impostos.
- 9. Ladrillo ou bloque de barro e de palla moldeado que se seca ao sol, moi característico da arquitectura mesopotámica.
Down
- 2. Perspectiva empregada na pintura exipcia, na que as figuras son representadas de maior ou menor tamaño en función do seu maior ou menor rango e importancia.
- 4. Relixión baseada na crenza en varios deuses, como as practicadas polas civilizacións antigas exipcia e mesopotámica.
- 5. Cada unha das 42 provincias en que se dividía Exipto, administrada por un funcionario ao servizo do faraón, denominado nomarca.
- 8. Imaxe B
